>Foi un bo concerto o do 23, aínda que non son particularmente aficionado a estes maratóns de 8 horas… Eu prefiro paladear aos grupos, e máis se veñen os que posiblemente sexan os meus 3 preferidos da escena heavy española. De feito xa non me quedei a Def Con Dos, e non cheguei a tempo para The Codename, pero co que vin xa tiven bastante (a idade non me perdoa…).
Aphonnic, que eu non coñecía, gustáronme. É como se xuntaras Ramstein e Héroes del Silencio… (ahí vai un vídeo de cada tipo). Ademais tiñan letras das cañeiras, para que logo digan que hoxe só se fai música vacía (ten que haber de todo, para iso xa temos eurovisión).
Despois tocaron representantes das tres xeneracións de grupos españois de heavy metal: Baron Rojo (posiblemente o máis representativo dos grupos heavys españois, en activo desde os 80, en breve cumprirán 30 anos, e poderían seguir outros 30), Mago de Oz (cumprindo 20 anos, comenzaron a ser coñecidos nos 90 cun Rock and Roll moi fresco xa con certos toque folk e heavy, e logo derivaron cara ao metal, e sen dúbida o grupo máis comercial dos tres), e Warcry (xa cumpriron 10 anos, aínde que non foi até o 2002 cando nace realmente como banda consolidada).