RSS Feed

Posts Tagged ‘partidos políticos’

  1. O que non podes facer en Galicia como partido político

    julio 13, 2020 by sergio

    Aquí vou deixar unhas claves ou principios moi persoais e esquemáticas de como penso que funcionan as cousas en Galicia a nivel electoral. Ademais as poño por orde de importancia. Espero que me deixedes comentarios sobre como o vedes vós!

    • 1. Leas non. Á xente en Galicia non lle soen gustar as leas. Da igual de que lado sexan.
    • 2. Tranqui meu. Aquí non gustan os aspaventos e discursos extremos, grandilocuentes ou «falabaratos». Da igual de que lado sexan.
    • 3. Temos un acentiño moi bonito, pero non somos parvas. Sabemos que somos periferia, e que quedamos lonxe das últimas tendencias, dos eixos de desenvolvemento e de toda esa carallada. Sabemos que ninguén vai mirar por nós, pero nós si queremos facelo (aínda que ás veces non o pareza). Hai certo espírito anarko aquí, e cando vemos moi claro que se está a facer máis caso a Madrid (ou a Bruselas, ou a onde tí queiras fora de Galicia), non mola. Da igual de que lado sexa. NOTA POR SE NON QUEDA CLARO: TODOS os partidos aquí deberían ser nacionalistas (e parecelo) e amosar esa certa autonomía nunha gran medida se queren comerse algo e, polo tanto, ademais aplicar os dous primeiros principios.
    • 4. I+D+I. Si se pode innovar e buscar novos espazos electorais, alianzas, etc. Pode haber unha visión de que en Galicia a xente tende a ser conservadora, e que iso aplica tamén en canto a novos partidos, novas ideas, «experimentos electorais» e coalicións. É algo totalmente falso, como pon de manifesto, xa só nos últimos anos, o impulso de AGE e de En Marea (para entender o que pasou logo, aplíquese o primeiro).
    • 5. BONUS. Galicia verde. Isto é unha reflexión especial con respecto ao ecoloxismo (pensabas que falaría de VOX? En Galicia VOX nin está nin se lle espera, ver principios 2 e 3). Se en España xa vai chegar tarde a onda verde (eu si creo que chegará), en Galicia o fará aínda máis tarde. Porque é a comunidade máis ruralizada de España (cando falo de ruralizada me refiro que é a que ten máis núcleos rurais de poboación, non falo de que teña hectáreas e hectáreas de terreo baleiro como noutras comunidades, iso non é ruralizado, iso é vaciado). E no rural hai unha visión despreciativa do que é o ecoloxismo (tamén o político), porque non se consegueu aínda construir unha ecoloxía política «galeguista e dende o rural».