RSS Feed

Blog action day 2011. A Alimentación.

16 octubre, 2011 by sergio

Hoxe, Día Mundial da Alimentación, era normal que o Blog Action Day tratara de chamar a atención sobre este tema. E iso que desgraciadamente nos últimos meses mesmo os grandes medios falaron bastante del… e non por nada bo, como é habitual.

Estase a falar cada vez máis (aínda que xa dende hai moitos anos) do concepto de Soberanía Alimentaria, que supera ao de Seguridade Alimentaria. Non só hai que ter alimentos de calidade, tamén hai que manter o poder de decisión sobre que e como producir o máis cerca posible das persoas. Pero este concepto de soberanía tamén «invadiu» outros ámbitos, chegándose a falar de Soberanía Enerxética ou mesmo, máis recientemente, de Soberanía Dixital (o concepto de Nube Aberta tal como se está a manexar polas empresas proveedoras de servizos pode ser igual de perxudicial para a Soberanía Dixital como o é o xeito en que se están a manexar os transxénicos para a Soberanía Alimentaria, xa que non é suficiente ter ferramentas «chachis» como facebook, twitter, ou blogger… se logo fan o que queren coa miña información, ou censuran o que lles peta). Para mi, a importancia deste concepto de soberanía, ven dado porque penso que así se está a desenvolver a dimensión das persoas de cidadanía responsable, no sentido de buscar máis espazos de decisión na túa vida ou polo menos que eses espazos estén máis perto e se poida influir máis facilmente neles, aínda que a veces custe tempo… Non se trata de obligar a xente a participar nestas tomas de decisións, pero si de facilitalo aos cidadáns que así o desexen (ao revés da tendencia que se está a dar, que é de concentración en poucas mans das decisións en Alimentación, Enerxía e, se lles deixan, Internete).

Tampouco pensedes que a cercanía e o local é por definición o mellor. Aquí entra o concepto de Consumo Responsable (aplicable a todos os productos de consumo para o noso día a día). Cada acto de consumo é un acto político e hai que tratar de actuar con responsabilidade e tratar de informarse o máis posible sobre as condicións da produción do ben ou servizo que vaiamos consumir (ir collendo ese hábito, tampouco sen ser un paranoico). Un exemplo que quero denunciar dende aquí…, as casetas do polbo en Lugo, tan típicas de San Froilán que están aínda nestes días. Non todas son iguais…, nalgunhas danse condicións aos empregados de auténtica esclavitude, racionándolles a comida e a bebida, traballando máis de 12 horas diarias, e cos donos gañando un auténtico pastizal que gastan a mans cheas en cousas que quedariades flipaos. Coma me da por dicir nos últimos tempos, hai un mundo de «jet set» e luxo aí fora que eu non son moi consciente de que está. O que está claro é que a alguén se lle saca do lombo! Non tendes máis que falar cos camareiros… Así vai o país!!!  Se queredes saber quen son estes impresentables non teño problema en comentárvolo particularmente.


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *