RSS Feed

Posts Tagged ‘poesia’

  1. Poemario tech

    Junio 14, 2017 by sergio

    Tecnooptimismo

    Minúsculos camiños que cifras conducen

    nada poden,

    é a cega fe

    a que prisioneiros do mundo

    nos mantén.

    Marionetas,

    convertidas en deuses,

    en zombies cansados

    e alienados

    fuxindo das persoas no medio da xente,

    do chiar sen paxaros

    para crear inxenuas revolucións.

    Mentres en vales lonxanos

    frótanse as mans

    tras estreitalas co Gran Hermano

    e tras vender as nosas vidas.

    Non é malo prestarse, só perigoso

    se non sabes como devolverte.

    A pílula vermella é amarga,

    se a tomas

    ningún lavado de estómago te salva.

    Se é gratis, tí élo produto.

    Se non o podes abrir, non e teu.

    Se non queres vivir, prefires que te vivan.

    Non hai que preocuparse,

    Bob Esponja ou Cristiano,

    eles salvarannos.

    Pero en realidade

    só magnifican a nosa ruindade

    como un espello deformante.

    Que pena!

    A liña é fina

    para pasar do malo ao peor

    e do malo ao mellor.

    Binario

    01010110 11000011 10101001 01101110 00100000 11000011 10100001 00100000 01101100 01110101 01111010 00100001

    01010011 01100001 01100101 00100000 01100100 01100001 01110011 00100000 01110100 01100101 01100010 01110010 01100001 01110011

    01100100 01101111 00100000 01110011 01101001 01101100 01101001 01100011 01101001 01101111

    Vén á luz!

    Sae das tebras

    do silicio

    Agua que no has de beber

    Agua que no has de beber

    te hará llorar

    En casa de la aguadora…

    todo son palos,

    horas y lloros.

    El agua buena es el agua huerta,

    también la del río,

    el pozo

    o la alberca.

    Como está sucia,

    en tubos la acercan.

    Quien bien te quiere

    te hará llover

    Carta a Santa Claus

    Cómprala rosa

    que es para niña

    ¡Venga peluches

    para que achuche!

    Los cochecitos,

    las muñequitas,

    las barriguitas,

    los monstruitos.

    Lego hombre araña,

    lego starwars,

    lego talego,

    lego papás.

    Una consola

    y un nuevo móvil,

    también la bici

    y más playmóbils.

    Los videojuegos

    que una vez jugaré

    y muchos libros,

    que no leeré.

    Otro portátil,

    auriculares,

    libro electrónico,

    tablet y cables.

    El Black&Decker

    para usar dos veces,

    el Smith&Wesson

    las que se tercie.

    Ya somos cuatro,

    ya no cabemos.

    ¡Un nuevo coche,

    todoterreno!

    Tengo cuarenta

    quiero la moto

    y a los cincuenta,

    yate y piloto.

    Y ya al final,

    me he dado cuenta,

    ¡Familia, amigos

    y estar de fiesta!

    Heridas en la tierra

     

    Sangre

    dorada.

    Hambre

    tapada.

    Fuego,

    que hiere.

    Tierra,

    que muere.

    Máquinas sin piedad,

    de carne y huesos,

    manejan a otras,

    de hierro y acero.

    Sangre

    negra.

    Guerra

    cierta.

    Herida,

    puñal,

    hilillos,

    metal.

    Quemar para gastar,

    gastar para gustar,

    gustar para vivir,

    vivir para matar.

    Sangre

    verde.

    Miedo y

    muerte.

    Huesos,

    sudor,

    barro,

    dolor.

    De la tierra brotan zombies malsanos,

    que pertenecen a grises mercados.

    Pétreos números sin alma ni encanto,

    que en lugar de risas solo portan llantos.

    Sangre

    azul.

    ¿Qué eres

    tú?

    Lucha,

    placer,

    vida,

    poder.

    Tú atacas, yo ataco.

    Yo sufro, tú sufres.

    Tú callas, yo callo.

    Yo muero, tú…

     


  2. Lira das árbores tristes…

    Marzo 21, 2013 by sergio

    Hoxe é o día da poesía, pero tamén da árbore, así que paréceme o día ideal para deixar isto que tiña por ahí do que lle escoitei dicir a Galicia un día que me deu por prestarlle atención…

     

    Nube dame a túa auga

    bágoas do ceo que vindes ao Norte

    vento que nunca amaina

    treboada, furia forte

    iluminan os teus lóstregos á morte

     

    Ao ameneiro gris a tí,

    bidueira de infinita brancura

    e ao salgueiro sabio vín

    presos de inmensa tristura

    gardando as veas onde mora a loucura

     

    Acibro xeneroso

    carballo pai das arbres que co teu vigor

    érvedo medoso

    alimentades o amor

    dos baleiros bosques onde mora a dor

     

    Piñeiros morriñentos

    queirugas e uces e xestas voso zume

    toxos cincentos

    dádello sen ciúmes

    aos doentes montes onde mora o lume

     

    Castiñeira fachendosa

    ciprés guardián do eterno sofremento

    sebe nas leiras poderosa

    fuxide sen lamento

    das aldeas mortas onde mora o vento

     

    Palmeira ficas triste

    no parque de presas e temor engaiolada

    camelia que viches

    ás malditas fadas

    asfalto e fume onde mora a nada

     

    Vella e ferida a ialma

    cheo de cicatrices o meu porte

    dez mil anos sen calma

    treboada, furia forte

    e lóstregos, vengade a miña morte!

    arbol_llora


  3. Adeus ríos, adeus fontes…

    Mayo 17, 2012 by sergio

    Neste día das letras galegas, aquí deixo algo que un día quixo sairme, humilde homenaxe á miña poetisa preferida, Rosalía (sede benévolos nas críticas ;-D)

     

    Óeme ti, límpido ar
    que cando te anoxas es ruxinte vento
    Anóxate pois! e vén levar
    ben lonxe meu penar e meu lamento

    Vellos carballos que sabedes escoitar
    se o ar o meu laio vos confía
    deixade pronto de entre as verdes follas escapar
    a miña grande tristura e agonía

    Mar burlón tamén a ti che pido,
    mentres teus dentes na miña pel remexen,
    custodia a miña rabia e desvarío
    como a botella á mensaxe nas correntes

    Paxaro que do ar e as follas es veciño
    alegre no solpor cantas teu son
    non gardes o meu sufrimento no teu niño
    non paga a pena telo ao teu carón

    Nube, a imaxinación deixarei que che acompañe
    pero hoxe un favor eu necesito
    é sinxelo, só que as túas bágoas limpen e calmen
    a negrura e a dor do meu destino

    Non llo digas, Lúa branca! Non llo comentes
    ao Sol no amencer aínda sendo o confidente,
    todo o que dende o ceo tí albiscaches
    da miña probe ialma inválida e doente

    Ela marchou deixándome baleiro e vacilante
    no meu espírito pronto xurdiu esa amargura
    que só ti, tempo, ti que todo o curas!
    poderás consolar, se es miña amante