RSS Feed

Posts Tagged ‘parques’

  1. >As Brañas/Vergoñas do Sar

    marzo 31, 2011 by sergio

    >A zona das Brañas do Sar en Santiago de Compostela é un campo de batalla entre o Concello e algunhas asociacións veciñais e ecoloxistas xa dende hai anos. Estas últimas non creen que o plan parcial (ou Plan Especial de intervención e recuperación, como lle chaman para soar millor) proposto vaia servir para a protección integral dun ecosistema tan fráxil como son as brañas, que teñen unha función moi importante na regulación da auga (por exemplo, evitando que cando chove moito vaia todo de golpe para o río e poida haber problemas de inundacións, xa que as brañas reteñen o auga e vana soltando máis lentamente, co cal se reparte no tempo a chegada do que chova aos cauces).
    Pero claro, resulta que as Brañas do Sar están nun lugar privilexiado, moi preto do centro da cidade, e a medio camiño entre o casco histórico e a Cidade da Cultura (da que xa falei outro día). No afán por buscar a conexión entre ambas zonas sen danar as brañas fálase dende o xa famoso teleférico ao máis recente proxecto de ponte lixeira de vidro e aceiro. A polémica segue servida.
    Mentres, quen máis dano está facendo e contribuindo a que esta zona de enorme potencial como corredor verde da cidade esté feito un asco, son as propias obras municipais de  infraestruturas de saneamento (que non é que se den moita presa en rematalas, o mesmo que todas as obras que non sei a que mente pre-clara se lle ocorriron comezar ao mesmo tempo precisamente no ano Xacobeo).

    A recollida das augas pluviais, como unha Cova… Ao fondo, a Cidade da Cultura

    O río Sar, cando aprenderemos a non tirar merda aos ríos? Isto sae ao lado da ponte do Sar

    A luz estaba de bo humor

    Un dos carteis que se poden atopar en Santiago indicando as rutas urbanas (Compostela é unha das cidades galegas con máis zonas verdes, e dos máis fermosos parques que se poden atopar en Galicia están aquí…

    …pero sen dúbida as Brañas do Sar aínda non é un deles).

    Un «sistema de seguridade» pouco seguro, por aquí baixan as augas de choiva canalizadas da cidade cara o río Sar, pero cando choveu moito e a canalización non da abasto ten «válvulas» como esta…

    …que o enchen todo de merda.

    Que vos gusta máis, a construcción moderna…

    ou a antiga? Isto está dun lado e doutro do río ao lado da rotonda do Paxonal. Esas casa amarelas son como unha enorme muralla que estropea a vista de todo o val. Gustaríame saber a quen se lle ocorreu meter eses horribles edificios ahí…

    Do outro lado do río a luz seguía de bo humor