RSS Feed

Posts Tagged ‘Italia’

  1. >LA BELLA ITALIA…MILAN, TURÍN, FLORENCIA. CIAO

    diciembre 7, 2008 by sergio

    >Pois aló fomos 7 mochileiros visitar a unha espía que tiñamos en Torino, que ademais fíxonos de guía e lle okupamos a casa. Moitas gracias, Muerte!!!!
    Ma che cosssa!!!

    Primeiro día en Milano, tras volar desde Porto.

    Pésame recoñecelo, pero a Duomo de Milano é a máis fermosa das que vin por dentro (síntoo, catedral de León…). Ademais acaban de limpar a pedra e tamén está preciosa por fora (aínda que ahí ten que competir con Burgos e as francesas). A praza coa Duomo é case o único turísitico que ten Milano (cidade que pareceume bastante gris…, e síntoo, pero en entornos catedralicios aínda non atopei nada que se poida nin acercar a Santiago de Compostela).

    Consumismo puro e duro nunhas galerías moi chulas que dan a praza da Duomo, con bolsos de 1200 euros, ¿quén comprará esto?
    Leonardo Da Vici, das poucas persoas ás que igual ata lle pediría un autógrafo…, formouse en Florencia pero traballou moito en Milano

    Día 2, por Torino, poñéndonos cegos de pizza e pasta.

    Torino nocturno. Gustoume esta cidade

    La Mole, en serio, chámase así (a verdade é que sí e bastante grande ;-D) ,o símbolo da cidade, cunha vista espectacular desde ela (o de arriba é un intento de montaxe panorámico de 360º).

    Terceiro día, Florencia. Puro turismo, e non me extrana…

    Típica panorámica onde se ve a famosa Duomo coa cúpula de Brunelleschi

    Il ponte vecchio, esas casas que ten, que eu pensaba que serían restaurantes, son xoierías…

    Carto día. Bardonecchia, nos Alpes (no borde do Parque Nacional de la Vanoise, lindando con Francia), tras unha nevadiña en Torino, vendo como según se ía subindo de altitude o manto branco ía cubrindo o chan. Bardonecchia é un pobo demasiado bonito para que me gustara (o feísmo tan inexistente e a integración das casas no entorno era tan lograda que até resultaba artificioso). Típico pobo onde se vai facer sky, de residencia vacacional, a verdade é que mereceu a pena polo bonito que se veía todo nevado, e as paisaxes chulísimas, pero algo nas casas grandes de pedra e madeira, tan noviñas, formando condominios dos que teñen garda de seguridade, non me deu bo rollo. Nin fixen fotos…

    O último día, a Venaria Reale, caprichos de nobles…

    O pazo de caza dos Saboia, que mesmo reformaron para que o xardín fora de tipo francés, co eixo cara ó infinito. E que non se che ocorrera cazar un cervo nesta zona, que até hai cancións que contan o que che poderían facer... Agora os políticos confórmanse con comprar audis de un porrón de millóns, ou fanse chalets en zona de protección costeira.