RSS Feed

Posts Tagged ‘agro’

  1. Activismo social vs político-institucional

    julio 18, 2019 by sergio

    A propósito da controversia en Cataluña con motivo dunha movilización nunha granxa de vacas https://www.antena3.com/…/unos-130-activistas-invaden-una-g… , e a resposta do gandeiro https://www.facebook.com/abel.perairesoler/posts/470792023470018?hc_location=ufi, deume por pensar que son exemplos de como as solucións teñen que ir as causas fondas do problema,porque igual estase indo a polo eslabón máis débil e pode ser contraproducente… No caso do activismo social, pode ser defendible, como elemento de denuncia, a acción realizada na granxa (dependendo dos recursos e da profundidade do discurso que queira asumir a organización convocante), pero nun partido político penso que o que se espera en todo momento son propostas de modelo de desenvolvemento e como implementalas. Esa é para min a gran diferencia entre activismo civil e activismo político-institucional. Ollo, ten que haber os dous, pero saber tamén que esperar de cada un… (e, idealmente, construir espazos que fagan de ponte entre os dous anteriores, onde se denuncia e simultáneamente se trata de propoñer solucións viables priorizando o ben común e a defensa dos dereitos humanos, que é o que se trata de facer dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia).

    Neste caso concreto, dende os partidos políticos, sobre todo os máis verdes e sociais, un xeito bo de operar é estar sempre escoitando ás activistas, e tamén ao resto das implicadas cun enfoque de «quen está ao final quedando cos cartos». Gandeiras e labregas e as súas explotacións familiares alimentan o mundo, non deben ser parte do problema, senon da solución. Xente que vén de familia gandeira e atreveuse (contra vento e marea) a seguir coa explotación, foise pregando as esixencias do mercado, de pagos cada vez máis exiguos polo leite que producen, cunhas leis feitas para a gran agroindustria, onde prima e economía de escala.

    Esas explotacións tan grandes, tratan de automatizar os procesos no posible. Limpan de xeito automático e non lles interesa que morran tenreiros porque son tamén fonte de ingresos (aínda que hai moito desastriño por aí, está claro, e «os coidados» son inversamente proporcionais á cantidade de seres a coidar). O que está claro é que se se fai lexislación moito máis estricta, o prezo da carne vai subir. Pero é que hai campañas moi boas por aí que dan a solución dende un punto de vista do consumo (e sen ir xa ao modelo vegano, que eliminaría esta problemática): menos carne, mellor carne. Sería un bo primer paso.

    Pero tamén está introducir os custos ambientais no balance das explotacións, con pagos por servizos ambientais á xente que segue no rural. Porque a narrativa da mayor eficiencia nas explotacións grandes é unha narrativa falsa, mesmo hai estudos en Galicia que desmontan o falso mito da gran escala para ser máis «eficiente» (polo menos tendo en conta a parte ambiental e outros intanxibles).

    Hai moita xente que si iría a alternativas, pero a gran maioría non, porque poñen como excusa que «as marcas e as explotacións son todas iguais», ou que «o ecolóxico é para xente rica» (téndese a gastar o menos posible en comida precisamente por esa falta de conciencia en que «non toda a comida é igual»). Se na gran agroindustria se obligase (unha lei?) a incluir todos os custos reais (ambientais sobre todo), o prezo da produción alternativa sería realmente competitivo, e non quedaría á voluntariedade de selos ecolóxicos que non acaban de despegar. Esa mellor eficiencia das explotacións pequenas, sobre 20 vacas que era a media en Galicia até non hai moito, é parte da hipótese do traballo que vos puxen arriba.

    O pequeno e diverso, é fermoso.