RSS Feed

‘El rincón musical’ Category

  1. Metal satánico, o cristiano, o que se yo…

    Abril 27, 2012 by sergio

    Me río mucho con este montaje de Estoy enamorado de Sataaan pero…, ya hace tiempo que el heavy es mucho más que satán, o si no que le pregunten a estos o a estos (incluso hay muchísimo metal pagano, ateo y lo que se quiera).

    El metal es una manera de comunicar, sea del tema que sea aunque mucha gente (como a otros muchos géneros musicales) haya pretendido encasillarlos (esos melenudos…). Sin embargo, no conozco un género musical que pueda abarcar tantos sentimientos y mensajes. No me imagino jazz,cumbia o reggaeton satánico, aunque haya quien diga (en fin…) que ese es su origen, o una ópera de denuncia social aunque alguna dicen que hay… Así que podemos encontrar desde cabreo extremo, pasando por ironía, denuncia social, mitológicas, épicas, literatura, niilismo, juerga y hasta las míticas baladas babosillas (los que entienden de baladas dicen que las heavys son de las mejores, aunque espero que no se refieran a estas…), otras muy emotivas hasta llegar a auténticas animaladas o simplemente ser malote (y todo ello tanto desde el punto de vista de chicos como de chicas, aunque hay que admitir que se da una mayoría masculina).


  2. Malos tiempos para buena gente

    Enero 17, 2012 by sergio

    Son malos tempos para todo o que signifique altruismo, reflexión e tratar de facer as cousas pensadas e con calidade. En cambio, é bo tempo para a explotación e malas prácticas de todo tipo e en calquer tipo de ámbito (coa excusa da crise) para que algunhas persoas se aproveiten (a río revolto…). “Malos tiempos para buena gente” din Los Suaves, e iso pódese aplicar actualmente tanto a persoas como a entidades de todos os ámbitos. Empresas que trataban de facer da calidade e das condicións laborais xustas a súa bandeira, que xa “nos bos tempos” non eran moi comúns en España e menos en Galicia, agora se queren tirar para adiante non lles queda outra que entrar na espiral de “chambonismo” e de ter todo para onte tarde mal e ao rastro se queren ter clientes, tanto públicos como privados. Tamén en entidades sociais e mesmo no eido de voluntariado.

    Pero podemos indignarnos (de momento) e tamén facer cousas. As accións colectivas son unha boa saída para a transmisión de ideas e a creación de tecido social para cambiar as cousas (da igual que sexa nunha ONG, ou no clube de ping-pong do teu barrio, nos cafés tertulia dos xoves, na asociación veciñal da túa zona ou simplemente falando cos teus veciños de edificio ou de aldea). E, por suposto, a acción exemplarizante e coherencia persoal. Falar pode falar todo o mundo, pero son as decisións no día a día das persoas as que van cambiando a sociedade.


  3. Metal prehispánico

    Septiembre 16, 2011 by sergio

    Skyclad fue un descubrimiento allá por los 90, cuando se iniciaba de verdad el Folk Metal… La verdad es que me gusta como ha ido evolucionando esto con distintos grupos adaptando el metal a sus raíces. Por mencionar a alguno en España, estaría Xerión en Galicia (más comerciales y superconocidos son Mago de Oz que también beben de estas fuentes), pero realmente para mí son un descubrimiento los grupos de metal de folclore prehispánico con sonidos andinos y/o letras sobre temas mayas,incas y demás como Chaska , Guahaihoque, Yawarhiem, EKYanaconas o incluso casi Aztra que abarcan desde metal más oscuro hasta el más épico pasando por el más clásico (incluyendo alguno vocalista fememina).


  4. Xunqueira de Ambía e a música das esferas

    Agosto 17, 2011 by sergio

    Nova visita a un órgano representativo da provincia de Ourense cos amigos de Un rato no tubo, na súa web se poden ver máis datos da visita, onde vencellaron a música, a estrelas e as matemáticas como xa fixera Kepler hai moitos anos. Tivemos concerto “planetario”, relación de música e matemática e explicación astronómica da música das esferas (se poden escoitar, ver ou escoitar e ver) con prácticas incluidas gracias a membros dunha asociación de astrónomos de Ourense. Xa estamos esperando a próxima nova experiencia, non vos perdades a súa web para ver cando será…

    Eu quedeime coa magnífica igrexa de Xunqueira de Ambía e o seu entorno, outro lugar recóndito da provincia de Ourense, non lonxe de Allariz.



  5. Cousas que non pasan de moda…desgraciadamente

    Mayo 15, 2011 by sergio

    Ano 1993. Qué pena! O único que está desactualizado desta canción son os 3 millóns de parados, que agora son case 5 (e o de “es delito la insumisión”, aínda que segue a ser delito a “insumisión fiscal” ou obxeción fiscal, desgraciadamente…). Pero na Cova non hai sillóns!!!!

     


  6. >Día da muller musical

    Marzo 8, 2011 by sergio

    >

    Janis Joplin

    Celia Cruz

    Usun

    Alicia Keys

    Holy Moses

    Velcra

    Guano Apes

    Doro

    Garaje Jack

    Luz Casal

    Luar na Lubre

    Tahúres Zurdos

    Crisis

    Astarte

    Crucified Barbara

    Nightwish

    Therion

    Amaral

    Chambao y Bebe

    Leilía

    Susana Seivane

  7. >LOS RENGLONES TORCIDOS DE DIOS

    Noviembre 17, 2010 by sergio

    >Un entretenido libro de Torcuato Luca de Tena, que a más de uno seguro que ha impulsado a estudiar psicología o psiquiatría. Desarrollada en un manicomio (lugar que de por si es inquietante), lo que más me gustó son los diversos puntos de vista que el autor es capaz de conciliar, de forma que no se sabe con quién simpatizar, ni siquiera cuando acaba el libro. Y es que casi nada en la vida es blanco o negro…
    Se ha hecho hasta una película, pero me quedo con la canción de Mago de Oz del mismo título.

    “Parir pensamientos es como vaciar sólo con mis manos el mar


  8. >De cando e onde Harpo Marx tocaría a batería

    Septiembre 17, 2010 by sergio

    >Se Harpo Marx tocara a batería (e vivira en Galicia) a tocaría en Marful. Xenial o concerto de onte no Teatro Colón en A Coruña, onde presentaron o seu disco “Manual de Seducción”. A pesar de ser nun teatro e sentado, eu sentín unha intimidade e implicación no concerto que fixeron que as dúas horas con un único e prolongado bis se me pasaran nun suspiro. Definicións do que é seducción escritas en tarxetiñas polo público e lidas por Ugía Pedreira (vaia voz!!! cantas cousas pode facer esta muller coa voz!! bueno, e tamén coas expresións da cara e do corpo, parece teatro musical), o vestiario luminoso (Gonzalo é un xenio), o baile do faroliño de Bahía (ou de “A Cepeda”, que tamén é típico nas verbenas dalí) ou a prodixiosa cantidade de trastos e xoguetes que o percusionista (que non forma parte “oficialmente” do grupo) usaba para sacar os sonidos máis extranos e surrealistas (e por riba quedaban chulísimos!!). E a música, irónica e intelixente, tan variada en estilos como persoal coa voz inconfundible de Ugía. Viva a música en directo! E tamén o teatro!


  9. >FUSION EN SANTIAGO: FOLKLORE NOR-ATLÁNTICO E MÚSICA CLÁSICA

    Septiembre 12, 2010 by sergio

    >Impresionante. Se se une o folklore irlandés de Chieftains, o folklore galego de Carlos Núñez (estudioso e pioneiro nisto, e todo un profesional aínda que ás veces poida parecer algo pedante), e unha gran orquesta clásica (a Sinfónica de Galicia), salpimentado cun grupiño de 8-10 gaiteiros e gaiteiras (as gaiteiras de negro…) e unha parella de baile galego e outra de baile irlandés, non pode ser doutro xeito. Sobre todo no marco da Praza do Obradoiro. Se me puñan os pelos de punta (sobre todo cando tocaron a muiñeira de Chantada, non sei por que…).

    O peor, a organización. Non sei por que razón impediron a entrada da xente a unha gran parte da praza, mentres había un gran espazo con sillas, parte delas reservadas para persoas con invitación (quen emitiría esas invitacións e para quen serían? a xente parecía telo claro cando berraban contra os políticos…). O caso é que ao final, tras moitos gritos de “fora, fora” e “organización, dimisión”, e abucheos varios da xente que esperaba para entrar á praza, a marea humana que empezou a entrar na praza do Obradoiro ocupando o gran espazo baleiro da parte dereita da praza (houbo quen gritou que os policías estaban repartindo “paos”, aínda que eu non vín nada diso, e a xente seguiu entrando como unha marea incontenible, con aplausos e mesmo frases do tipo “é a victoria do pobo“, e razón non lle faltaba…). Antes do comezo do concerto, tamén houbo un caso dun policía que apartou lonxe da zona das sillas aos que si conseguiran entrar a tempo alegando a necesidade de manter pasillos de evacuación, e ante as protestas da xente mentou o desgraciado caso que se deu este ano no Love Parade (“non querredes que pase algo así…”). Vaia comparación, cando a organización está mal xa non se sabe que excusa inventar. Vaia diferencia co concerto de Jean Michel Jarre, non hai moito. Alí a organización deu a impresión de ser bastante mellor.

     A xente acaba de entrar e segue increpando, mentres Carlos Nuñez trata de calmar os ánimos

    Unha vez dentro a xente que esperaba fora (que nin sequera encheu a praza), atopouse cun Carlos Núnez conciliador, que pensou que a quen increpaba a xente era aos políticos (que tamén) e dixo, con bo sentido, que isto non se trataba de política, senon de pasalo ben coa música. Sen dúbida, pero é que moita xente con invitación, e outra que chegou pronto, estaba disfrutándoa, e outra estaba esperando fora coa praza medio baleira e unha fila de polis impedindo o paso. E cando as increpacións acabaron foi precisamente cando lles deixaron entrar a disfrutar da música… Aquí van uns cortes…

    Moitos medios se fixeron eco do concerto, como El País (resaltando o problema de organización), tamén O Faro de Vigo (estes non se enteraron ben do tema, non gritaban simplemente Dimisión, senon Organización Dimisión), ou La Voz de Galicia.


  10. >JEAN MICHEL JARRE EN SANTIAGO

    Agosto 1, 2010 by sergio

    >Onte na praza do Obradoiro. Este pioneiro da música electrónica, fillo de Maurice Jarre, quedara namorado do entorno hai xa tempo, e onte cumpliu o seu sono (e o de moitos outros que viñeron de moi lonxe a velo) de montar o seu espectáculo neste marco incomparable. 8500 persoas dentro da praza era o cálculo da policía para que aquelo non se desmadrara. E foron eficaces.
    Na televisión de Galicia o retransmitiron en directo, pero é un dos espectáculos que paga a pena ver en directo, aínda que teñas que esperar un anaco para entrar dando tempo a que salga da praza algunha xente… 2 horas de espectáculo que fixeron aínda máis espectacular o que posiblemente sexa a catedral cun entorno máis fermoso de todo o mundo.

     E un par de mostras da música.