RSS Feed

O que non podes facer en Galicia como partido político

13 julio, 2020 by sergio

Aquí vou deixar unhas claves ou principios moi persoais e esquemáticas de como penso que funcionan as cousas en Galicia a nivel electoral. Ademais as poño por orde de importancia. Espero que me deixedes comentarios sobre como o vedes vós!

  • 1. Leas non. Á xente en Galicia non lle soen gustar as leas. Da igual de que lado sexan.
  • 2. Tranqui meu. Aquí non gustan os aspaventos e discursos extremos, grandilocuentes ou «falabaratos». Da igual de que lado sexan.
  • 3. Temos un acentiño moi bonito, pero non somos parvas. Sabemos que somos periferia, e que quedamos lonxe das últimas tendencias, dos eixos de desenvolvemento e de toda esa carallada. Sabemos que ninguén vai mirar por nós, pero nós si queremos facelo (aínda que ás veces non o pareza). Hai certo espírito anarko aquí, e cando vemos moi claro que se está a facer máis caso a Madrid (ou a Bruselas, ou a onde tí queiras fora de Galicia), non mola. Da igual de que lado sexa. NOTA POR SE NON QUEDA CLARO: TODOS os partidos aquí deberían ser nacionalistas (e parecelo) e amosar esa certa autonomía nunha gran medida se queren comerse algo e, polo tanto, ademais aplicar os dous primeiros principios.
  • 4. I+D+I. Si se pode innovar e buscar novos espazos electorais, alianzas, etc. Pode haber unha visión de que en Galicia a xente tende a ser conservadora, e que iso aplica tamén en canto a novos partidos, novas ideas, «experimentos electorais» e coalicións. É algo totalmente falso, como pon de manifesto, xa só nos últimos anos, o impulso de AGE e de En Marea (para entender o que pasou logo, aplíquese o primeiro).
  • 5. BONUS. Galicia verde. Isto é unha reflexión especial con respecto ao ecoloxismo (pensabas que falaría de VOX? En Galicia VOX nin está nin se lle espera, ver principios 2 e 3). Se en España xa vai chegar tarde a onda verde (eu si creo que chegará), en Galicia o fará aínda máis tarde. Porque é a comunidade máis ruralizada de España (cando falo de ruralizada me refiro que é a que ten máis núcleos rurais de poboación, non falo de que teña hectáreas e hectáreas de terreo baleiro como noutras comunidades, iso non é ruralizado, iso é vaciado). E no rural hai unha visión despreciativa do que é o ecoloxismo (tamén o político), porque non se consegueu aínda construir unha ecoloxía política «galeguista e dende o rural».

2 Comments »

  1. Emilio dice:

    Hei Sergio!

    Penso que atinas na túa análise 🙂

    Penso que os tres primeiros puntos que comentas son «chave» para cagala nunha cita electoral en Galicia.

    Precisamente agora estaba lendo comentarios en RRSS sobre o aconcecido e leo este que clava o que dis neses primeiros puntos, a propósito do colapso do espazo «esquerda ruturista»:

    Gonzalo Vilax
    1-Liortas, división e hostias en directo na lexislatura pasada. Cada un coa culpa que lle toque, pero a xente non ía distinguir entre actores.Iso xa lle quitaba a metade dos votos, ou máis, porque estas cousas multiplícanse fácilmente a favor ou en contra.

    2-Percepción da candidatura, coa preponderancia de Podemos e imposición de candidato, como «pouco galega», e cun candidato pobre e deputado en Madrid, asociado ao partido estatal. Marxinación de candidatos máis potentes coma Martiño, por aquelo de «nosotros primero». Confiouse nos réditos das xerais, pero nas Galegas os mesmos que che puideron votar, votan por opcións que consideran máis galegas.

    3- Probablemente a uns días de onte habería suficiente xente que pensaba votar GenC, pero entre as enquisas e sensacións, optaron polo «voto útil de esquerdas», que neste caso foi o bloque. De sacar 2 ou 3 deputados probables, esa última reflexión deixounos na nada.

    4-Dito por un que votou GenC, con gran desgana.

Responder a Emilio Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *