RSS Feed

O virus eras tí

21 marzo, 2020 by sergio

Chssss, silencio. O mundo parou
pero eu non quero baixar
Tal vez sempre é xusto nestes intres
cando á Vida nos queremos aferrar

Onte escoitei os chíos dos paxaros
despois de tanto tempo de ignoralos

Antonte quixen espreitar ás que comparten
comigo a rúa, a paisaxe, o vecindario
Nunca as vira así, tan cercanas
espero velas así xa sempre a diario

Son días de xogos obrigados,
despois de tanto tempo abandonados

Os días que pasamos confinados
son en realidade nos que máis viaxamos
precisamente porque a nosa mente voa,
irónicos paradoxos dunha época tola

É tempo de regalarnos fondas miradas aos ollos
despois de tanto tempo descoñecendo uns aos outros

Cando as periferias dan grazas por selo
cando os embigos odian a súa natureza
agradecidas no noso foro interno
por poder re-atoparnos coa beleza

Volver a vista adentro, de alma e corpo
despois de tanto tempo sendo un morto

Chsss, silencio. O noso mundo parou
e vímonos como eramos, mortas en vida,
abrindo para Gaia unha porta de saida.
Virus son eles ou o eramos nós?


1 comentario »

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *