RSS Feed

Tres editoriáis que me gustan

7 junio, 2017 by sergio

Das tres me gusta a liña editorial sobre sustentabilidade, economía social, desenvolvemento,… (non tería días no ano para ler todo o que van sacando). Icaria é a máis veterana das tres, unha editorial de corte máis clásico, pero cunha grande calidade nos traballos que publica. Catro Ventos nasceu hai pouco e ten o, para min, interesante distintivo de pretender tocar temas de sustentabilidade en galego (como facemos dende Enxeñería Sen Fronteiras Galicia). A que vexo máis orixinal pola súa filosofía é Traficantes de Sueños, promovendo a cultura libre (que non é sinónimo de gratuita, aínda que ten moitos bos contidos gratis na súa versión dixital).


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *