RSS Feed

De cando e onde Harpo Marx tocaría a batería

17 septiembre, 2010 by sergio

>Se Harpo Marx tocara a batería (e vivira en Galicia) a tocaría en Marful. Xenial o concerto de onte no Teatro Colón en A Coruña, onde presentaron o seu disco «Manual de Seducción». A pesar de ser nun teatro e sentado, eu sentín unha intimidade e implicación no concerto que fixeron que as dúas horas con un único e prolongado bis se me pasaran nun suspiro. Definicións do que é seducción escritas en tarxetiñas polo público e lidas por Ugía Pedreira (vaia voz!!! cantas cousas pode facer esta muller coa voz!! bueno, e tamén coas expresións da cara e do corpo, parece teatro musical), o vestiario luminoso (Gonzalo é un xenio), o baile do faroliño de Bahía (ou de «A Cepeda», que tamén é típico nas verbenas dalí) ou a prodixiosa cantidade de trastos e xoguetes que o percusionista (que non forma parte «oficialmente» do grupo) usaba para sacar os sonidos máis extranos e surrealistas (e por riba quedaban chulísimos!!). E a música, irónica e intelixente, tan variada en estilos como persoal coa voz inconfundible de Ugía. Viva a música en directo! E tamén o teatro!


2 Comments »

  1. Toñita da Pedreira dice:

    >Hola, Sergio, son unha "adicta" a Marful, pero…, dende Barcelona, e a tua crítica-comentario, fíxome estar ahí, sentada no Colón. Mil gracias…, ademáis non me puiden resistir e púxeno no Facebook (é a primeira que puiden ler), e citéi a fonte, eh!! Graciñas, neno…, dende a emigración, agradécese que conpartades estos temas!! Graciñas, otra vez!!

  2. Sergio dice:

    >Alégrome de poderche achegar algo da maxia do directo!

Responder a Sergio Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *