RSS Feed

>A (PEN)ÚLTIMA DE ISRAEL

31 mayo, 2010 by sergio

>O conflicto en Palestina é moi complexo. Tan complexo que, por moito que teño leído sobre el, nunca logrei ter opinión clara sobre este problema, e moito menos escribir sobre dito problema.

Pero rebélome contra a actitude avasalladora de Israel, pisoteando os dereitos humanos, disparando a «perigosos» activistas pro-palestinos «armados con palos e e coitelos» tras a abordaxe dun dos 5 barcos da «Flotilla da Libertade» por parte dun comando de élite do exército israelí. E non podo por menos que tildar de increíble a actitude do goberno israelí co comunicado que emitiu,  xustificando algo totalmente inxustificable, mesmo aínda que todo o que dí o comunicado fora certo (o cal é máis que discutible). Por outra parte, esos actos de represión desproporcionada veñen sendo a tónica habitual de Israel no conflicto de Palestina, pero claro, agora o barco atacado tiña bandeira turca…

Israel cruzou a liña. Pola miña parte, ademais de pedir ao meu goberno que condene sen paliativos e de xeito oficial esta acción e o bloqueo da franxa de Gaza simplemente por motivos de violación de dereitos humanos (e mesmo se é necesario chame a consultas ao embaixador español), e promova dende a presidencia española da Unión Europea a condea conxunta da UE,  penso que hai que ir falando de sancións internacionais (bloqueos económicos, boikot a productos israelís, expulsión de Israel de tódalas asociacións nas que participa en europa, dende eurovisión á champions, por poñer un par de exemplos «lúdicos», onde participan simplemente porque teñen diñeiro e os seus veciños non os queren…). Eu comezarei pola parte que podo, que é o boikot.


1 comentario »

  1. mtesouro dice:

    >Lamentable a actitude israelí!!Non hai formas de pararlle os pes? Ou é que non se quere?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *