RSS Feed

LEMBRANZAS. ERASMUS EN ALEMANIA

6 enero, 2010 by sergio

>Da miña estancia de Erasmus no 2001(a verdade é que no meu caso conseguiron o que querían os promotores deste programa, un pro-europeismo sen fronteiras, aínda que se lles foi un pouco a mao e lograron que esa abolición de fronteiras a queira a nivel mundial) lémbrome sobre todo da natureza e os preciosos lagos… (en serio, jejeje). A fixen en Neubrandenburg, unha pequena vila do estado federal de

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm }
P { margin-bottom: 0.21cm }
–>
Mecklenburg-Vorpommern, que se atopa na esquina noreste do país, lindando co mar Báltico e Polonia. E lembrando o 20 aniversario da caída do muro, é un bo momento para renderlle unha pequena homenaxe a este paraíso da antiga república «democrática» alemana e aos meus amigos «ossis«, aínda que sexa para denunciar dende aquí as amenazas de privatización dos seus lagos, que a xente de BUND Freunde der Erde (Amigos da Terra Alemania) están combatendo. Isto non é máis que unha volta de torca da «vaga occidentalizadora» que se abateu sobre a DDR tra-la caida do muro.
Imaxinade un lugar onde (case)ninguén ten cartos, xa que todo o que necesitan llelo proporciona o estado (ou esa é a teoría). Imaxinade que de súpeto ese lugar queda integrado no paraíso do libre mercado, onde a propiedade privada de pronto é o motor. Quen pode comprar? Claro, quen ten diñeiro. A pesar de cesións de terras e dereitos, as mellores terras, as mellores casas na zona turística da costa, etc. etc. quedaron con elas os que tiñan cartos no réximen comunista (por suposto que os había), e tamén a xente pudiente de Alemaña do Oeste, así como as empresas, que atoparon aquí un territorio virxe. En Neubrandenburg, con 80.000 habitantes, había 2 McDonalds, cando en Lugo, cos mesmos habitantes (e tamén cunha muralla, so que a de NB era medieval) non había nin un (nin falta que facía).

 

A cidade parece máis pequena do que é, con casas baixas, moitas árbores e un gran lago con restos de illas no medio. Dis que  na época comunista as empregaron como obxetivo en probas de submarinos e bombas térmicas. Agora parecen pequenas Nessies que sacan a súa xoroba por enriba do auga para que a xente se asuste e grite dende a beira. Pero moitos submarinistas pagaron caro o seus intentos de coñecer de perto a estas víctimas da  industria militar, xa que por debaixo, onde no se ven, hai zonas con extrañas correntes e ocos que fan desaparecer aos confiados. Agora resulta unha paisaxe tranquila. Resulta difícil imaxinar este lugar como centro de creación de ferramientas para matar (tamén había unha fábrica de tanques na beira do lago, hoxe abandonada en gran medida, ou reciclada en outras empresas e mesmo centros sociais). Por se fora pouco, se se pensa que a non moitos Kilómetros está o lugar onde se fabricaban, e tamén o lugar dende o que disparaban, as famosas V2 (lugar estratéxico dende onde se alcanzaba Inglaterra, pero ao que non alcanzaban os ataques aliados), e que aínda máis perto hai un precioso bosque onde non hai tanto que se buscaban fosas comúns de xente desaparecida no réxime comunista, e cun campo de concentración ao lado que as xentes do lugar nin coñecían (seguro que era «o sitio prohibido» co que seguramente as nais asustaban aos nenos, e ao que seguramente os chicos ían para demostrar o seu valor), dase un conta que neste lugar a historia non pasou igual que noutros sitios. Creo que é por iso polo que a xente era un pouco arisca no primeiro momento, afeita a ter moito coidado co que se di (aínda se nota iso en España, sobre todo entre as persoas de certa idade) e polo tanto a dicir pouco, aínda que o sentido do humor era extrañamente parecido a do rural galego (e tamén o notei no norte de Nicaragua, será que hai un «humor rural retranqueiro mundial»?). 

@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm }
P { margin-bottom: 0.21cm }
–>

Outra cousa que me chamou a atención aquí foi a cantidade de bicicletas que había, e como as usaba todo tipo de xente, sin importar sexo, edade nin clase social. As veces bromeaba dicindo que nesta cidade hai máis carriles-bici que aceiras.

Lago Tollense, ribeira de Neubrandenburg
Vista de Neubrandenburg dende o «rañaceo» no centro da cidade (no último piso había un restaurante con moitas lámparas que se movían acompañando ao propio edificio…). Edificios típicos do comunismo (foi bombardeado o centro histórico na II Guerra Mundial), cunha das portas da muralla de estilo gótico que se pode ver á dereita da foto)
 
Muralla con casas sobre ela e os amplos paseos ao redor

Igrexa típica da zona con ladrillo vermello (a torre neste caso e de madeira, o cal non é tan común). A maioría das igrexas de Neubrandenburg tiñan usos non relixiosos, como o auditorio na antiga catedral, un orixinal cine nunha das igrexas, ou unha capela para facer bodas civís (no comunismo a práctica comunitaria da relixión non «se estilaba»…, e agora sobre todo os protestantes tratan de recuperar o tempo perdido)

Ao lado do lago a práctica de canoa en todas sus variantes é moi habitual, de feito hai un par de campións olímpicos nestas disciplinas que son de aquí. Aquí se ven os «garaxes» das barquiñas (nunca remara antes, e nunca o volvín facer despois de destrozar as maos pelexando contra un vento endemoniado que se levantou e pensei que non dábamos volto para a beira)
Faias por doquier, neste caso en outono ao lado do lago.

Isto é en primaveira…

…e isto no inverno
Paisaxe típico de primaveira coa colza e ao fondo un laguiño deses que pode ser que se privatice…
Típica praia do Mar do Norte cos rompeolas

«Bonitos» apartamentos adosados para as vacacións na época nazi. Edificio paralelo á praia, o maior mazacote de formigón que vin na miña vida, ate onde se perde a vista… Agora o empregan partes como centros culturais, museos…, non sei que farán co que lles sobra de espazo, que debe ser moito
Nesta zona os camiños e estradas soen ser tipo «allée», con árbores a ambos lados que fan un efecto precioso. Tamén había quen lles botaba a culpa de aumentar o risco de morte nos accidentes onde a xente sae da estrada, e quería talar todas as allees.
Schwerin, capital do estado de Mecklenburg-Vorpommern (a cidade máis grande é Rostock). Este é un extraño palacio que mezcla moitos estilos, cuns xardíns preciosos.
Berlín, o Sony Center, exemplo de colonización de espazos céntricos polas grandes multinacionais e as constructoras. Para ben e para mal, quen quera aprender de urbanismo, Berlín e a súa cidade.

 


2 Comments »

  1. svencinio dice:

    >Hola Sergio,son Sven, o Ossi mais cerca de ti. Ainda que gustoume moito o teu relato, teño, como bon Aleman que son, alguns matizes que facer porque hanse colado alguns fallos. O BUND e o Bund für Umwelt und Naturschutz Deutschland e dicir Liga o Unión alemana de protección de Medio Ambiente e da Natureza. Logo os restos son dunha illa que antano tiña un edificio que pudierase calificar coma un clube nautico, pero foi utilizada na segunda guerra Munidial polos nazis para o que dis ti no teu relato. Logo a acabar a guerra volarona os rusos e o resultado son as jrobas que dis. Logo do sitio que falas co campo de concentración serí Fünfeichen o falas mais dun pobo que se chama Alt Rhese. En canto aos edificios na muralla, tiñan antaño a mesma utilidade que as da muralla de lugo. Eran torres de defensa onde os soldados gardaban as armas pra defender a cidade. Logo mais tarde convertironas en casitas cando a muralla xa non podía defender os cidadans xa que alguen (maldito sea) habia inventado a polvora e os cañons etc.Logo na foto 4 da paisaxe tipica primaveral temos golza non soja. Os Bonitos apartamentos, sinto moito, tampouco son dos comunistas senon de Hitler. Tratase da casa mais largo do mundo nunha praia de Rügen que se chama Prora. Era un complexo do brazo turistico dos nazis KdF (Kraft durch Freude)que quere dicir fuerza a traves de alegría. A casa tiña orixinalmente 2 km de largo e a idea do ministro de propaganda Göbbels era que todas as habitacións tiñan que ter vista ao mar. Ata que había un porto pra cruceros que xa non conseguiron inaugurar pareceme a mi. Logo os rusos lograno volar a metade do edificio ponendo explosivos e bombas a doquier, pero quedaronse sen munición suficiente.E por último un pequeño detalle do extraño palacio que non e nada mais ni nada menos o parlamento do estado federal. Chamanlle tamen o castelo cun estilo para cada dia do año porque ten unha historia de 1000 años. Teño encontrado una cita en Wikipedia dun comerciante andalus arabico do ano 965 que mencionou este castelo. Os xardins son impresionantes. Ben nada mais compañeiro, espero que non che moleste que tomabame a libertade de correxir estes pequeños lapsus. Unha apertae ainda temos pendente o proxecto da terra media.Sven

  2. Sergio dice:

    >Heyyy compañeiro! Grachie mille por todas e cada unha das correccións, precisións e matizacións (é o que teñen as lembranzas, jajajaja)! Buf, co da colza pilláchesme, sempre estivera convencido de que era soja…A xente de BUND é, como dis,"Bund für Umwelt und Naturschutz Deutschland", pero é, por así dicilo, a organización representante de Amigos de la Tierra en Alemania (ao igual que por exemplo en España INTERMON é a "sucursal" de OXFAM)E o de Prora, guay, non era capaz de atopar máis cousas, agora xa o correxín.En serio, gracias por este comentario, porque así podo completar algo máis as miñas lembranzas…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *