RSS Feed

>PLAN ANUAL 2009 DA COOPERACIÓN GALEGA

10 marzo, 2009 by sergio

>Ahí van algúns comentarios sobre o borrador do Plan Anual de Cooperación Galega 2009, que quixeron compartir coas distintas ONGs para obter certa retroalimentación.

Na parte de universidades sería interesante fomentar as redes e colaboracións entre departamentos universitarios e ONGs en investigació para o desenvolvemento (IpD). Ademais cómpre ter criterios claros para separar o que é IpD de investigación normal. Por exemplo, non é IpD por exemplo unha investigación sobre determinados aspectos dunha especie animal X nun país tropical, a non ser que se pretendan ademais extraer conclusións que melloren o desenvolvemento das comunidades da zona baseadas nesa investigación.

Ademais habería que tratar de ser máis ambiciosos no tocante ao recoñecemento da importancia das accións de desenvolvemento desde a universidade promovidas institucionalmente polas propias universidades, como potenciar que exista unha oficina de cooperación en cada unha das tres universidades galegas con actividades e tarefas concretas a desenvolver, e que se introduza no curriculo a Educación para o Desenvolvemento tanto a nivel transversal como de asignaturas recoñecidas específicas, aproveitando a oportunidade de espazos que da Boloña (por máis que ata o de agora so servira para non facer nada «por medo» a este novo marco, xa podían aprender da Carlos III).

Hay un apartado de mellora técnica e operativa do sector, e sería conveniente avaliar a necesidade de máis recursos na propia Dirección Xeral de Cooperación, diminuindo as contratacións temporais, e minimizando ás subcontratacións de servizos externos (por exemplo, as auditorías son un gasto moi grande nos proxectos, e non deberían deixarse a entidades privadas un seguemento económico que deberían facer os funcionarios públicos que son pagados polo estado para precisamente facer este seguemento de forma transparente, se ben actualmente coa escaseza dos mesmos na dirección xeral veríanse desbordados).

Na parte administrativa e de solicitude das subvencións, menciónase no borrador a mellora das guías do formulario, pero bótase de menos a versión dos formularios en formato non privativo, xa que os formatos que se proporcionan ata o de agora obligan a unha dependencia de programas privativos e de pago que na miña opinión no debería darse cando hai ferramentas igual de boas que son non privativas e gratuitas (falando claro, como os formularios están en .doc e son formularios con cadros, se o tratas de abrir con outro programa distinto de Word desmóntase todo, co que é moi pouco operativo). ¿Queren que as ONGs gasten o diñeiro en comprar o paquete de microsoft-office, ou prefiren que o pirateen?

Menciónase noutro lugar a normalización de criterios, pero non se viu moi reflictida, xa que se cambiaron a denominación das partidas orzamentarias nos proxectos deste mesmo ano, en vez de facelas homoxéneas con outros financiadores estatais (¿e a declaración de París de harmonización e aliñamento?).

Para a mellora da coordinación nas accións de desenvolvemento que xa levan a cabo distintas Consellerías, debería promoverse algún tipo de comisión transversal, ademais de activar e darlle moito máis peso ao Consello Galego de Cooperación.

Xa veremos se o novo goberno, que nunca tivo unha política de cooperación definida e planificada na súa etapa anterior na Xunta, opta por continuar o bo que se fixo nestes 4 años (que o houbo, e moito), ou se prefire borrarlo dun plumazo e volver ás «cavernas» (temo que o aforro e austeridade no gasto público que promoven toque, coma sempre, á cooperación internacional, e posiblemente moita xente estará dacordo, ¿como imos amañar o de fora se aquí estamos tan mal…? ¿será egoismo social?). Tamén pode ser que en realidade teñan o seu propio programa en cooperación moi ben desenvolvido (e que ninguén neste ámbito nos enteraramos…). Só espero que polo menos continúen o contacto coas ONGs e outros axentes de cooperación, e mesmo o potencien.


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *