RSS Feed

PEGADA ECOLÓXICA vs. IDH, AMBIENTE vs. HOME?

11 abril, 2008 by sergio

>Nunha imaxe de wikipedia podedes ver unha gráfica onde se compara a pegada ecolóxica co IDH. Trátase dun intento de comparar ambos enfoques, inicialmente «confrontados», de humanidade versus ambiente (cando en realidade sabemos que a primeira sen o segundo non teñen sentido, e o revés posiblemente sí…). Os resultados son chamativos (ahí non se ve moi ben, pero é curioso saber que o país que cumple o estar por debaixo dunha Terra na pegada ecolóxica e por riba dun umbral «razonable» de IDH era Cuba non hai moito. Claro, o IDH non ten en conta cousas tan importantes para o DH (Desenvolvemento Humano) como a liberdade de expresión e outras «cousiñas» das que Cuba non é precisamente un modelo. Así que realmente sí parece que o equilibrio entre o noso benestar a curto ou medio prazo choca co do noso entorno. Ó final a clave é saber si reaccionaremos antes de que sexa tarde…

Na busca de solucións, pódese facer a reflexión de que somos nos os que temos que reaccionar. A pesar da desigualdade de oportunidades para acceder a unhas condicións de vida dignas entre países, a maior presión é claramente dos países «desenvolvidos», por moito que se use e abuse da idea de que a maior parte da leña a usan nos países «en desenvolvemento» e fan presión moi grande nos recursos naturais por necesitalos «a curto prazo». Tamén nos usamos petróleo agora, e para chegar aquí arrasamos coa madeira de Europa, así que agora tócanos importar madeira doutros lados. Os números e estadísticas falan claro…, tampouco nós pensamos moito con visión a longo prazo. E non temos excusa, porque no norte asfixiamos á Terra porque non queremos parar o noso tren de vida, moi por riba do necesario, e noutras zonas o fan porque nin se poden plantexar facer outra cousa…


No hay comentarios »

No comments yet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *